Sunday 28 de April de 2024

O Concello destina 12.000 euros para deportistas oleirenses que participan en competicións estatais e internacionais


Os equipamentos deportivos públicos do Concello de Oleiros facilitan os inicios e a formación deportiva de oleirenses que logran importantes triunfos en competicións estatais e internacionais. Para axudar a estas persoas, o Concello destina 12.000 euros a subvencionar os gastos derivados da asistencia ás competicións, e que en moitos casos teñen que asumir os propios deportistas e as súas familias.

Poderán optar a esta subvención aqueles deportistas do Concello de Oleiros seleccionados para participar en eventos deportivos oficiais de carácter internacional, así como os e as que acudisen ou acudan a campionatos de España ou campionatos oficiais de ámbito estatal e acadasen algún dos 3 primeiros postos -entre o 1 de outubro de 2021 e o 30 de setembro de 2022-.

As persoas interesadas en percibir esta subvención deberán dirixirse ao Rexistro Municipal sito na Fábrica, rúa do Inglés, 13. O prazo de presentación de solicitudes remata o 7 de outubro.

BASES DA CONVOCATORIA:

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/org-autonomo-cultura/deportes/contidos?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-1&p_p_col_count=1&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_assetId=7248042&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_urlTitle=bases-reguladoras-das-axudas-a-deportistas-para-asistencia-a-competicions&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2Forg-autonomo-cultura%2Fdeportes%2Fcontidos%3Fp_p_id%3DEXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_count%3D1%26_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_delta%3D5%26_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_keywords%3D%26_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_advancedSearch%3Dfalse%26_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_GI6e_andOperator%3Dtrue%26cur%3D2